Somos socios dende 2009. Mónica Muíño García forma parte da xunta directiva da asociación dende 2011.
O pasado venres 30 de novembro Fisio-che ben participou no certame PECHAKUCHA NIGHT FERROL, unha vez máis ahí me tedes demostrando o meu forte espíritu emprendedor e que o rural non está morto! para os que me queirades ver asegurovos unhas risas, con frases improvisadas, no seguinte video a partir da 1h23min!
Para saber algo máis sobre a clínica, o mellor é botarlle unha ollada á entrevista que deu a propietaria (Mónica Muíño García), ó periódico da Voz de Galicia.
Colaboracion activa co festival sendo un dos patrocinadores.
En 2010 levamos a cabo un ciclo de conferencias nos dous concellos a fin de achegar a poboacion coñecementos útiles para a súa saude postural.